Peche da rodaxe de

20111010120724-sen-embargo-querote.jpg

Tiven que tomarme un tempo para falar de vos, na miña cabeza mesturábase a dor por deixarvos e o pracer de ter compartido situacións moi de preto, Déborah Vukusick, Christian Escuredo, Ruben Prieto, Lúa Testa, Dani Lago, Mariana Expósito, Cristina Ramallal, Estivaliz Veiga, Belén Constenla, Rosa Alvarez, Alfonso Agra, Chencho Campos, Margarita Fernandez, Santiago Fernandez, Suso Lista, Adrian Ures, Diego Freire, Toño Casais, Anxo Carvajal, Silvia Martí, Ana Escrigas, Zezilia Melendrez e Manuela Garcia, eu tiña un guión e vos convertíchelo en un anaco de realidade. Regaláchesme paixón, confianza, oficio e un anaco das vosas vidas, grazas, seguro que agardanvos grandes cousas.

Comentarios » Ir a formulario

algora

gravatar.comAutor: Rubén Prieto

Cando conducía hacia casa despois de rematala rodaxe... empezoume a chispear o cerebro por contradicións emocionais e de personalidade. Por un lado conducía a furgo cun sorriso, por sentirme afortunado de ter participado nun proxecto como "sen embargo, quérote" dirixido por un monstruo da dirección de actores coma Jorge Algora. Afortunado por ter vivido esta experiencia tan incrible, e ademais por ter traballo nos tempos que corren...
Pero aínda que por estes, e multitude de motivos máis, sabía que debería de estar radiante de felicidade, sentíame triste. E eu son un tipo alegre! pero estaba de baixón total porque simplemente... se acabara. A idea de que non ía volver a gravar "sen embargo quérote" martirizoume todo o camiño. (e a saber si algún día volvo a protagonizar unha longamentraxe!). Intentaba levantarme a golpes de pensamentos tipo "pero se eu son un tio feliz coño!!" pero é inevitable sentir pena por ter rematado.

So teño palabras de agradecemento.
Seguro que xa o sabes, pero fágoche responsable e culpable da miña mellor vivencia profesional no meu traballo favorito.
Se tódolos traballos fosen así, sen pensalo daríalle a volta completamente a unha das frases que levo por bandeira "traballar para vivir e non vivir para traballar". Agora comprendo que o mellor do mundo é desexar vivir para traballar.

Apertas fortes

Fecha: 13/10/2011 11:30.


Añadir un comentario



No será mostrado.