Facebook Twitter Google +1     Admin

A Consellería de Cultura e Educación, en colaboración con Adiviña Produccións e a Televisión de Galicia, pon a disposición da comunidade educativa unha unidade didáctica baseada na película “A pesar de todo, quérote”

por Jorge Algora el 09/12/2013 12:04, en A PESAR DE TODO, QUÉROTE

20131209120437-deborah-y-ruben.jpg

O vindeiro día 5 de decembro o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, xunto coa Directora da Televisión de Galicia, Rosa Vilas, e o director de cine Jorge Algora, presentarán ás 13 horas en rolda de prensa no auditorio da biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia a iniciativa conxunta de desenvolvemento dunha unidade didáctica centrada na película “A pesar de todo, quérote”.

Este filme, que se estreará o venres 6 de decembro ás 16:30 na TVG, conta a historia de Alicia, Xavier e Víctor no aniversario do suceso que cambiou as súas vidas. A pesar de que levan anos intentando esquecer, as feridas do accidente seguen abertas e o pasado regresará para obrigarlles a asumir as súas culpas.

Christian Escuredo, Devorah Vukusik, Rubén Prieto, Lúa Testa, Dani Lago, Mariana Expósito, Cristina Ramallal, Estíbaliz Veiga, Belén Constela, Alfonso Agra e Rosa Álvarez forman o elenco desta cinta que foi rodada nos concellos de Oleiros, Cambre, A Coruña, Arteixo e Lugo, e que foi dirixida por Jorge Algora.

A película, que está producida por Adiviña Produccións e a Televisión de Galicia e contou co apoio da AGADIC, foi cedida para o seu uso educativo á Consellería de Cultura e Educación, que desenvolveu, desde a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, unha unidade didáctica en Moodle na que se abordan contidos relacionados coa educación viaria, a maduración emocional e a linguaxe cinematográfica.

Desde esta unidade, pódese acceder ao visionado da película, que estará aloxada nos servidores da Televisión de Galicia e que se distribuirá mediante streeming aos centros educativos galegos nunha experiencia pioneira na nosa comunidade.

Pódese atopar o trailer, o making e máis información sobre a película en www.facebook.com/apesardetodoquerote

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.



¿Buscas algo?

Utiliza este buscador:

Si no encuentras lo que buscas escrbenos un comentario.

Enlaces

Algunos sitios recomendados

Secciones

Todas las secciones del blog