Facebook Twitter Google +1     Admin

ESTREA DA SEGUNDA TEMPADA DE AMOR NA REDE. MARTES 5 DE XULLO AS 23:20H, NA TVG.

por Jorge Algora el 05/07/2016 19:29, en AMOR NA REDE

20160705192925-ar-portadafacebook-pgr14.jpg

AMOR NA REDE 14. MANOLO E LOLA. #ANRmanoloelola

Nestes tempos modernos atopar o amor é cada vez máis complicado. Entre as redes sociais, as aplicacións e a inmediatez que todo o mundo demanda, ninguén ten tempo para deterse a buscalo. Por iso en Amor na Rede creamos a apócema máxica coa que formar parellas.

Non podemos asegurarvos que todas as parellas que saian deste programa vaian ser para toda a vida, pero o que si podemos garantir son momentos únicos e irrepetibles.

Desta volta iniciamos a segunda temporada de Amor na Rede coñecendo a Manolo, un deportista de 61 anos con moita picardía. Chega dende Tui para poñerse diante das cámaras de Amor na Rede e vén disposto a atopar unha muller que sexa quen de seguirlle o ritmo.

Para botarlle unha man contará con Itziar, a nosa psicóloga experta en temas amorosos. E tamén poderá pedirlle consello a Camilo, un dos protagonistas da primeira temporada. Ámbolos dous tratarán de crear a química entre Manolo e a súa pretendente, unha muller moi particular.

Lola ten 55 anos e é do Grove. Ela carga nas súas costas varios fracasos amorosos e unha grande inseguridade que trastornará un pouco ao pícaro Manolo.

Tras varios cuestionarios, probas e citas veremos se a cousa chega a bo porto entre a dramática Lola e o práctico Manolo.

No hay comentarios

Añadir un comentario



No será mostrado.



¿Buscas algo?

Utiliza este buscador:

Si no encuentras lo que buscas escrbenos un comentario.

Enlaces

Algunos sitios recomendados

Secciones

Todas las secciones del blog