Consume Audiovisual Galego
Levo un ano como presidente do Clúster Audiovisual Galego.
A incerteza dos primeiros momentos foise disipando grazas ao apoio do equipo directivo, á eficacia na xestión do persoal da estrutura e ao apoio de moitos compañeiros e compañeiras que coas súas mensaxes indican que nos movemos na boa dirección.
Os obxectivos eran e seguen sendo moitos:
Converter ao Clúster nunha ferramenta útil para os socios, pero tamén para as administracións e para todo o sector.
Detectar proxectos tecnolóxicos viables que sirvan para que as empresas traballen de forma colaborativa e axuden a abrir novas áreas de negocio.
Facer que o Clúster sexa recoñecido nas universidades e centros de formación audiovisual, para xerar vínculos e contribuír a planificar a mellor saída profesional para os centos de alumnos que cada ano saen das súas aulas.
Crear unha rede de empresas amigas do audiovisual, coas que se poidan abordar temas de promoción conxunta e aspectos tan necesarios como o financiamento de proxectos.
Servir de escaparate para a oferta de servizos audiovisuais, que atendan as demandas dunha futura Filme Comisión de Galicia.
Ser capaces de integrar asociacións, empresas tecnolóxicas, festivais, dinamizadores do universo dixital e a outros axentes das industrias creativas, para lograr entre todos, un audiovisual galego diverso, exportable e de calidade.
Son consciente de que cometín e cometerei erros, pero poido asegurarvos que seguirei traballando con dedicación, transparencia e boa vontade.
Como di o clain da nosa campaña do Clúster, ogallá neste tempo todos consumamos máis audiovisual galego.
Jorge Algora
0 comentarios